Casco Urbano Histórico
Un percorrido polo corazón medieval de Betanzos e os seus principais monumentos
Pazo de Lanzós
Pazo barroco do século XVII con balcón voado e torre modificada, exemplo da arquitectura nobiliaria urbana de Betanzos.
Foi construído entre 1620 e 1625.
Os elementos máis destacados da fachada céntranse nun balcón, que se alonga ao exterior suxeito por tres canzorros, e a porta principal rectilínea, que remata cun frontón partido polo brasón do primeiro conde de Maceda.
Conserva o edificio a súa estrutura inicial, aínda que con lixeiras modificacións. O máis desvirtuado é a torre -coñecida como torre de Lanzós- xa que se substituíron as almeas por tellado, taponáronse seteiras e abríronse novos vans, ademais de ser revestida de cemento a mampostería.
Cruceiro de Santa María
Cruceiro situado no centro histórico de Betanzos
Convento das Agustinas Recoletas
Convento dos séculos XVII-XVIII con claustro do XVI, escudos históricos e valiosos retablos da Escola Compostelá.
Porta do Cristo
Porta medieval do casco histórico de Betanzos, tamén coñecida como Porta da Ribeira ou Porta de Paio Fermoso, construída no século XV.
Casa Pita
Edificio modernista de 1906 situado na rúa Valdoncel, proxectado por Matías Witz, restaurado e caracterizado por balcóns e cornixa superior.
Casa do Pobo
Edificio promovido en 1917 grazas ao legado de Xesús García Naveira para a Federación de Sociedades Obreiras de Betanzos.
Escola Jesús García Naveira
Escolas de Os Cabildos ou de San Francisco, construídas en 1917, exemplo singular de arquitectura modernista con referencias islámicas e barrocas.
Casa Irmáns García Naveira
Edificio afrancesado construído en 1890 como vivenda e negocio de Juan García Naveira, destacado polo uso do mármore e pola súa placa conmemorativa.
Casa Núñez
Edificio modernista de Rafael González Villar que combina arquitectura, comercio e arte, hoxe sede da Fundación CIEC.
Fonte de Diana Cazadora
Fonte monumental inaugurada en 1867, réplica da Diana do Louvre, un dos símbolos urbanos máis recoñecibles de Betanzos.
Cine Alfonsetti
Teatro-Cine Alfonsetti, inaugurado en 1882, un dos cinemas máis antigos de España, hoxe teatro municipal no antigo convento de San Domingos.
Asilo Manuel Naveira
Edificio benéfico de 1914, promovido por Manuel Naveira González, de estilo ecléctico e hoxe convertido en establecemento hoteleiro.
Casa Limiñón
Casa Limiñón, edificada en 1902 na rúa Travesa, claro exemplo do modernismo e da artesanía decorativa.
Palco da Música
Pazo neoclásico do século XVIII, de planta en escuadra e gran escudo heráldico, promovido polo arcebispo Sánchez Baamonde.
Soportais do Campo
Rúa popular con casas de galerías e soportais, hoxe zona de bares e restaurantes e punto de encontro social en Betanzos.
Estatua Irmáns García Naveira
Museo das Mariñas
Ampla colección etnográfica de traxes tradicionais, fotografía e historia.
CIEC (Centro Internacional da Estampa Contemporánea)
Obradoiro e museo dedicado á estampa. No edificio modernista creado por Rafael González Villar para a familia Núñez.
Magnolio de Lanzós
Arboreda histórica de magnolios plantados en 1884, situada entre a igrexa de Santiago e o Pazo dos Lanzós, moi apreciada pola súa sombra no verán.
Pazo dos Condes de Taboada
Pazo neoclásico do século XIX situado no casco histórico, con gran brasón familiar e vencellado ao Condado de Taboada.
Pazo de Lanzós
Pazo barroco do século XVII con balcón voado e torre modificada, exemplo da arquitectura nobiliaria urbana de Betanzos.
Pazo de Illobre
Edificio histórico dos séculos XV e XVI con soportal oxival e brasóns, que conserva o seu uso institucional como sede de Facenda.
Alfolí
Edificio medieval destinado ao almacenamento e pesado do sal, produto clave do comercio portuario de Betanzos.
Rúa Os Xudeus
Casas Populares Fonte de Unta, A Cañota e Rúa Quiroga
Barrio tradicional agrícola da Fonte de Unta, caracterizado por soportais e balcóns de madeira usados como hórreos urbanos.
Fonte dos Ánxeles
Fonte histórica documentada desde 1613 e reconstruída en 1834, con escudos da cidade e do arcedián Pedro de Ben.
Hórreo da Rúa Nova
Este hórreo urbano do século XVIII é de propiedade privada e lembra o antigo Orreum mencionado na carta fundacional de Betanzos de 1219.
Ponte Vella
Ponte medieval documentada desde 1219, de cinco arcos e 59 metros de lonxitude, hoxe atravesada polos peregrinos do Camiño Inglés.
Ruta do casco histórico
Ruta polo casco histórico de Betanzos, conxunto histórico-artístico, que percorre o recinto medieval e os seus principais monumentos e igrexas.