Casco Urbano Histórico

Un percorrido polo corazón medieval de Betanzos e os seus principais monumentos

Fonte de Diana Cazadora

Fonte de Diana Cazadora

Fonte monumental inaugurada en 1867, réplica da Diana do Louvre, un dos símbolos urbanos máis recoñecibles de Betanzos.
Situada na praza dos Irmáns Garcia Naveira, a súa inauguración data do ano 1867. É unha fiel reprodución da Diana do Louvre en ferro coado; foi realizada en París nos talleres da fundición de "Ducel e Fillos" segundo un proxecto do enxeñeiro Pedro Villar. Destaca o seu pilón poligonal e as dúas sereas que soportan unha peana de grilandas sobre as que se asenta a escultura da deusa mitolóxica.