Casco Urbano Histórico

Un percorrido polo corazón medieval de Betanzos e os seus principais monumentos

Palco da Música

Palco da Música

Pazo neoclásico do século XVIII, de planta en escuadra e gran escudo heráldico, promovido polo arcebispo Sánchez Baamonde.
Construción destacada dentro da arquitectura betanceira. Construído en 1903, substituía un pequeno quiosco datado en 1894. Estaba relacionado coas múltiples actividades da vella Academia de Música, constituída no ano 1854. O arquitecto Rafael González Villar realizou o deseño do novo palco. O resultado é unha obra con estilo moi persoal dos anos 1927 e 1928. O autor acouta un espazo aberto, cun podio de planta octogonal e cuberta circular, unidos por medio de esveltos piares de pouco grosor. O efecto decorativo dos distintos elementos, como a cuberta circular aplanada de zinc, o efecto do conxunto das lámpadas en distintas posicións, as varandas graduadas con motivos xeométricos e os remates superiores dos piares na cuberta reflicten o estilo do autor. A súa policromía característica, reproducida tamén nas varandas e nos farois das inmediacións do Cantón e da Porta da Vila, deu lugar á afamada cor “verde Betanzos”, un dos sinais desta cidade.