Camiño Inglés

Betanzos é unha etapa destacada do Camiño Inglés, con casco histórico, igrexas monumentais e servizos pensados para o peregrino.

Igrexa parroquial de Santiago de Requián

Igrexa parroquial de Santiago de Requián

Igrexa barroca de nave única con tribuna e destacada espadana dobre, representativa da arquitectura relixiosa popular da comarca.
Igrexa de estilo barroco. Presenta unha planta rectangular onde se encontra unha soa nave. No interior o espazo intermedio entre o presbiterio e a nave está delimitado por un arco triunfal. Aos pés da nave atópase unha tribuna. No exterior a fachada principal concentra toda a decoración. Sobresae a espadana dobre rematada por unha cruz e flanqueada por dous pináculos con bóla.