Camiño Inglés
Betanzos é unha etapa destacada do Camiño Inglés, con casco histórico, igrexas monumentais e servizos pensados para o peregrino.
Igrexa de Nosa Sra. do Camiño
Santuario renacentista vinculado ao Camiño Inglés, relacionado con lendas marianas e a atención histórica aos peregrinos.
Pertence á parroquia de Tiobre e está situada na ruta do Camiño Inglés a Santiago. É
de estilo renacentista, dos séculos XVI-XVII (1568-1601). A construción do edificio atribúeselle a Juan
de Herrera, e atópase sobre o terreo dunha antiga hermita. A planta divídese en tres
tramos de diferente altura: ábsida, cruceiro e nave. O corpo principal pertence ao presbiterio
cuberto por unha gran bóveda de dobre trazado con terceletes. No cruceiro ábrense dúas
capelas, dedicadas a San Caetano e Santo Antón, ambas as cubertas con bóveda de crucería. Na
fachada principal contén as imaxes de Cristo, Santiago e San Roque. A orixe do templo
está relacionado coas lendas baseadas nas aparicións da Virxe. Sábese da
existencia neste mesmo lugar dunha ermida anterior, que posuía hospital para peregrinos.
Igrexa parroquial de San Martiño de Tiobre
Igrexa románica do século XII de nave única e rica decoración escultórica na portada e na espadana.
Igrexa de Nosa Sra. do Camiño
Santuario renacentista vinculado ao Camiño Inglés, relacionado con lendas marianas e a atención histórica aos peregrinos.
Ponte Vella
Ponte medieval documentada desde 1219, de cinco arcos e 59 metros de lonxitude, hoxe atravesada polos peregrinos do Camiño Inglés.
Igrexa e Convento de Santo Domingo
Igrexa e convento dominico iniciado no século XVI, con claustro histórico e torre desde a que se lanza o tradicional globo de San Roque.
Ponte Vella das Cascas
Ponte Vella das Cascas, citada no ano 1200, reconstruída no século XIX e conservada como elemento histórico do casco urbano.
Igrexa parroquial de Santiago de Requián
Igrexa barroca de nave única con tribuna e destacada espadana dobre, representativa da arquitectura relixiosa popular da comarca.