Betanzos en feminino
Ruta urbana polos espazos, tradicións e prácticas festivas de Betanzos que destacan o papel histórico e social das mulleres na vida comunitaria.
Lavadoiro Público Gratuíto
Lavadoiro público inaugurado en 1902 polos irmáns García Naveira, con dúas plantas e capacidade para máis de vinte lavandeiras segundo as mareas.
O lavadoiro de Betanzos é outra das moitas obras de carácter filantrópico dos irmáns
García Naveira, inaugurado en 1902 cunha superficie de 348m² e dividido en dúas plantas. Na
planta baixa hai dúas filas de lavadoiros, para usalas segundo o nivel das mareas, e con capacidade
para 22 lavandeiras, así como unha lareira e secadoiros cubertos. Na planta alta hai máis secadoiros cubertos.
Lavadoiro Público Gratuíto
Lavadoiro público inaugurado en 1902 polos irmáns García Naveira, con dúas plantas e capacidade para máis de vinte lavandeiras segundo as mareas.
Mercados semanais
Casas Populares Fonte de Unta, A Cañota e Rúa Quiroga
Barrio tradicional agrícola da Fonte de Unta, caracterizado por soportais e balcóns de madeira usados como hórreos urbanos.
Fonte da Cangrexeira
Fonte citada en documentos de 1633, tamén coñecida como Fonte de San Gregorio, vinculada ao porto e ao barrio da Magdalena.
Cruceiro de Santa María
Cruceiro situado no centro histórico de Betanzos
Igrexa de Santa María do Azougue
Igrexa gótica dos séculos XIV-XV con retablos flamengos, pinturas murais e sepulcros da sociedade medieval betanceira.
Museo das Mariñas
Ampla colección etnográfica de traxes tradicionais, fotografía e historia.
Estatua da Caridade
Escultura contemporánea A Caridade, reinterpretación da Caridade Romana, que simboliza a solidariedade e o legado filantrópico dos irmáns García Naveira.
Fonte de Diana Cazadora
Fonte monumental inaugurada en 1867, réplica da Diana do Louvre, un dos símbolos urbanos máis recoñecibles de Betanzos.
Colexio de Orfas
Edificio do século XVIII con balcón e escudo urbano, fundado como colexio e hoxe destinado a servizos municipais.