Betanzos en feminino
Ruta urbana polos espazos, tradicións e prácticas festivas de Betanzos que destacan o papel histórico e social das mulleres na vida comunitaria.
Cruceiro de Santa María
Cruceiro situado no centro histórico de Betanzos
Está situado no adro da igrexa de Santa María de Azogue. Está fabricado en granito e ten unhas dimensións de 4,60 m de alto por 1,62 m de base.
A plataforma componse de tres bancadas graduadas cuadrangulares e non leva pedestal. A columna deseñada de forma cilíndrica, presenta estrías verticais e remate en forma de colariño. O capitel é de orde dórica e ten unhas volutas esquemáticas nas esquinas. A cruz, de forma latina, leva sección rectangular lisa.
Presenta imaxes tanto no anverso como no reverso. A primeiro mostra un Cristo crucificado, coa palabra INRI na cabeceira; o segundo, a Virxe Dolorosa, en actitude orante, colocada sobre peana de querubín alado.
Lavadoiro Público Gratuíto
Lavadoiro público inaugurado en 1902 polos irmáns García Naveira, con dúas plantas e capacidade para máis de vinte lavandeiras segundo as mareas.
Mercados semanais
Casas Populares Fonte de Unta, A Cañota e Rúa Quiroga
Barrio tradicional agrícola da Fonte de Unta, caracterizado por soportais e balcóns de madeira usados como hórreos urbanos.
Fonte da Cangrexeira
Fonte citada en documentos de 1633, tamén coñecida como Fonte de San Gregorio, vinculada ao porto e ao barrio da Magdalena.
Cruceiro de Santa María
Cruceiro situado no centro histórico de Betanzos
Igrexa de Santa María do Azougue
Igrexa gótica dos séculos XIV-XV con retablos flamengos, pinturas murais e sepulcros da sociedade medieval betanceira.
Museo das Mariñas
Ampla colección etnográfica de traxes tradicionais, fotografía e historia.
Estatua da Caridade
Escultura contemporánea A Caridade, reinterpretación da Caridade Romana, que simboliza a solidariedade e o legado filantrópico dos irmáns García Naveira.
Fonte de Diana Cazadora
Fonte monumental inaugurada en 1867, réplica da Diana do Louvre, un dos símbolos urbanos máis recoñecibles de Betanzos.
Colexio de Orfas
Edificio do século XVIII con balcón e escudo urbano, fundado como colexio e hoxe destinado a servizos municipais.