Betanzos en feminino
Ruta que pon en valor o papel das mulleres na historia, na cultura e na vida social de Betanzos, percorrendo espazos e figuras clave do seu legado.
Igrexa e Convento de San Francisco
Templo gótico do século XIV declarado BIC, con extraordinarios sepulcros da familia Andrade e rica decoración escultórica.
Templo de estilo gótico construído na segunda metade do século XIV polo mecenado de Fernán
Pérez de Andrade, que reedificou o mosteiro anteriormente existente, que databa do
século XII. Foi declarado monumento nacional en 1919 e posteriormente BIC.
No seu interior, na capela maior hai un relevo que representa a Deus no alto rodeado dos
catro evanxelistas. Nos nervios da bóveda hai anxos tocando distintos instrumentos, un deles
tocando a gaita. Tamén se observan diversos capiteis con animais fantásticos. Destaca
a ampla colección de sartegos dos diferentes membros da familia Andrade.
Sepulcro de Fernán Pérez de Andrade. Considerado como precedente da escultura funeraria
medieval. Orixinalmente atopábase na capela maior xunto ao da súa muller Dona Sancha,
pero en 1782 foi trasladado ao pé da igrexa baixo o coro. O sartego está levantado do
chan sobre os animais representativos dos Andrade (un oso e un xabaril) e na cabeceira e aos
pés aparece o escudo de armas dos Andrade, acompañados nos laterais diversas por escenas de caza do xabaril.
Sobre o sartego represéntase a figura xacente de Andrade, ataviado de armadura e en posición de repouso.
Museo das Mariñas
Ampla colección etnográfica de traxes tradicionais, fotografía e historia.
Edificio Arquivo- Liceo
Edificio neoclásico do século XVIII creado para albergar o Arquivo do Reino de Galicia e actual sede do Liceo de Betanzos.
Colexio de Orfas
Edificio do século XVIII con balcón e escudo urbano, fundado como colexio e hoxe destinado a servizos municipais.
Farmacia Doutor Couceiro
Farmacia
Fonte de Diana Cazadora
Fonte monumental inaugurada en 1867, réplica da Diana do Louvre, un dos símbolos urbanos máis recoñecibles de Betanzos.
Igrexa e Convento de San Francisco
Templo gótico do século XIV declarado BIC, con extraordinarios sepulcros da familia Andrade e rica decoración escultórica.