Betanzos en feminino
Ruta que pon en valor o papel das mulleres na historia, na cultura e na vida social de Betanzos, percorrendo espazos e figuras clave do seu legado.
Edificio Arquivo- Liceo
Edificio neoclásico do século XVIII creado para albergar o Arquivo do Reino de Galicia e actual sede do Liceo de Betanzos.
Na praza de Galicia de Betanzs encóntrase un impoñente edificio do século XVIII (1764) que estaba destinado a acoller os arquivos de Galicia e do seu reino. Hoxe en día, esta construción a dúas alturas é un dos edificios representativos da cidade e ten funcións institucionais, alén de acoller o Liceo betanceiro.
O edificio do Arquivo
O edificio onde se encontra actualmente o Liceo, que foi creado para albergar o Arquivo do Reino de Galicia cando eran sete provincias no século XVIII, aínda que nunca chegou a utilizarse como tal ao ser ubicado na Coruña tras cambiar a división rexional.
A construción, de 50 metros de largo por 25 de ancho, conta cunha dobre escalinata interior e outra tamén dobre no exterior. Sobre a parte central e superior da fachada ostenta un escudo de Galicia. Na parte traseira ten unha alameda.
A construción é de estilo neoclásico e contaba con sete grandes naves abovedadas, unha por cada unha das sete provincias que compoñían a la Galicia da época da súa construción.
A construción orixinal non está completa, xa que a mediados do século XX se derrubou unha á do edificio, así como parte do muro orixinal. Estes foron reconstruídos con posterioridade, pero prescindiuse das bóvedas interiores antes citadas. De feito, as escaleiras interiores son o pouco que queda en pé do edificio dó século XVIII na zona interior.
O Liceo de Betanzos
O edificio recibe o nome de Liceo debido a que a mediados do século XIX foi utilizado como sede do Liceo recreativo de artesáns de Betanzos. Este non foi o seu único uso, xa que este impoñente edificio tivo numerosos fins (sala de festas, taberna, teatro, escola, sede de sociedades, cuartel, circo…) ata pasar a ser en gran parte espazo para el Goberno Municipal no que se acollen os despachos e as oficinas administrativas.
Museo das Mariñas
Ampla colección etnográfica de traxes tradicionais, fotografía e historia.
Edificio Arquivo- Liceo
Edificio neoclásico do século XVIII creado para albergar o Arquivo do Reino de Galicia e actual sede do Liceo de Betanzos.
Colexio de Orfas
Edificio do século XVIII con balcón e escudo urbano, fundado como colexio e hoxe destinado a servizos municipais.
Farmacia Doutor Couceiro
Farmacia
Fonte de Diana Cazadora
Fonte monumental inaugurada en 1867, réplica da Diana do Louvre, un dos símbolos urbanos máis recoñecibles de Betanzos.
Igrexa e Convento de San Francisco
Templo gótico do século XIV declarado BIC, con extraordinarios sepulcros da familia Andrade e rica decoración escultórica.