Betanzos en feminino

Ruta que pon en valor o papel das mulleres na historia, na cultura e na vida social de Betanzos, percorrendo espazos e figuras clave do seu legado.

Colexio de Orfas

Colexio de Orfas

Edificio do século XVIII con balcón e escudo urbano, fundado como colexio e hoxe destinado a servizos municipais.
Fundado por Ursula Mélendez de Teixeda. Está situado na praza de San Roque, á beira do que antes foi a capela de San Roque e que hoxe é unha oficina bancaria. Data do século XVIII e componse de planta baixa e piso, este con balcón na fachada, ao tempo que presenta como remate da mesma un escudo da cidade. Tiña o Colexio na súa parte traseira un edificio coetáneo, que foi destruído en 1950. Na actualidade alberga servizos municipais.