Betanzos en dous días

Unha escapada cultural e natural para descubrir a cidade con calma, combinando patrimonio histórico, museos e paisaxes fluviais

Soportais do Campo

Soportais do Campo

Rúa popular con casas de galerías e soportais, hoxe zona de bares e restaurantes e punto de encontro social en Betanzos.

Orixinalmente situada fóra do centro histórico, esta rúa popular destaca polas súas casas con galerías e soportais. Actualmente é unha zona de bares e restaurantes e punto de encontro dos betanceiros e as betanceiras.