Betanzos en dous días

Unha escapada cultural e natural para descubrir a cidade con calma, combinando patrimonio histórico, museos e paisaxes fluviais

Cine Alfonsetti

Cine Alfonsetti

Teatro-Cine Alfonsetti, inaugurado en 1882, un dos cinemas máis antigos de España, hoxe teatro municipal no antigo convento de San Domingos.
O Teatro-Cine Alfonsetti é un teatro situado no centro da localidade Foi inaugurado en 1882 e durante máis de cen anos funcionou como cinema, polo que chegou a se converter na sala de cine máis antiga de España. Actualmente, o teatro é de titularidade municipal, aínda que durante boa parte da súa historia estivo xestionado pola familia Pita. O teatro está situado nun inmoble no que se atopaba o antigo convento de San Domingos, onde tamén se ubican o Museo das Mariñas, o Arquivo e a Biblioteca Municipal.