Betanzos en dous días

Unha escapada cultural e natural para descubrir a cidade con calma, combinando patrimonio histórico, museos e paisaxes fluviais

Río Mendo

Río Mendo

Río da vertente atlántica, de réxime fluvial de tipo pluvial oceánico, que co Mandeo forma a ría de Betanzos. A rede do Mendo drena os Concellos de Curtis, Oza-Cesuras, Coirós e Betanzos. Ten as súas fontes na planicie de Curtis a 520 m de altitude. Do mesmo xeito que o Mandeo, circula primeiro por terras chairas para despois ir ofrecendo un val amplo ou pechado segundo as zonas. Encáixase desde a Rexidoira ata Trasanquelos, e neste tramo pódense contemplar algún salto de auga, en galego "fervenza". Ábrese en val desde aquí ata Agra e recibe as augas do Mundín e do Porto. Volve encaixarse polo sector de Naballo recibindo as augas do Miñatos e Toraron e cunha morfoloxía semellante, desemboca na ría de Betanzos.