Betanzos nun día

A mellor ruta para unha primeira visita, combinando casco histórico, patrimonio gótico, gastronomía local e natureza

Tortilla de Betanzos

Tortilla de Betanzos

Non está de todo clara a orixe deste prato estrela da gastronomía local. Todo apunta a Angelita, a cociñeira da Casilla, que desde 1910 creou esta tortilla pouco feita que agora é considerada un manxar Só leva catro ingredientes: patacas, ovos, aceite de oliva e sal, que fan que centos de persoas veñan a próposito a degustala ás decenas de locais de hostalería de Betanzos. Desde 2007 celébrase a Semana da Tortilla no mes de outubro onde os establecementos de restauración compiten por ver quen fai a mellor versión.