Ruta Modernismo
Ruta que descobre os principais exemplos de arquitectura modernista en Betanzos e o seu valor artístico e histórico.
Palco da Música
Pazo neoclásico do século XVIII, de planta en escuadra e gran escudo heráldico, promovido polo arcebispo Sánchez Baamonde.
Construción destacada dentro da arquitectura betanceira. Construído en 1903, substituía un pequeno quiosco datado en 1894. Estaba relacionado coas múltiples actividades da vella Academia de Música, constituída no ano 1854.
O arquitecto Rafael González Villar realizou o deseño do novo palco. O resultado é unha obra con estilo moi persoal dos anos 1927 e 1928.
O autor acouta un espazo aberto, cun podio de planta octogonal e cuberta circular, unidos por medio de esveltos piares de pouco grosor. O efecto decorativo dos distintos elementos, como a cuberta circular aplanada de zinc, o efecto do conxunto das lámpadas en distintas posicións, as varandas graduadas con motivos xeométricos e os remates superiores dos piares na cuberta reflicten o estilo do autor.
A súa policromía característica, reproducida tamén nas varandas e nos farois das inmediacións do Cantón e da Porta da Vila, deu lugar á afamada cor “verde Betanzos”, un dos sinais desta cidade.
Fonte de Diana Cazadora
Fonte monumental inaugurada en 1867, réplica da Diana do Louvre, un dos símbolos urbanos máis recoñecibles de Betanzos.
Palco da Música
Pazo neoclásico do século XVIII, de planta en escuadra e gran escudo heráldico, promovido polo arcebispo Sánchez Baamonde.
Casa Núñez
Edificio modernista de Rafael González Villar que combina arquitectura, comercio e arte, hoxe sede da Fundación CIEC.
Escola Jesús García Naveira
Escolas de Os Cabildos ou de San Francisco, construídas en 1917, exemplo singular de arquitectura modernista con referencias islámicas e barrocas.
Antigo Matadoiro Municipal
Antigo matadoiro municipal de comezos do século XX, con arquitectura singular e decoración en ferro e azulexo.
Casa da Rega o Villa Flora
Casa da Rega, construída en 1922, destacado exemplo da arquitectura de indianos e do eclecticismo galego do século XX.