Ruta de oficios e tradicións

Ruta que pon en valor os oficios tradicionais e as costumes que forman parte da identidade histórica de Betanzos.

Porta do Cristo

Porta do Cristo

Porta medieval do casco histórico de Betanzos, tamén coñecida como Porta da Ribeira ou Porta de Paio Fermoso, construída no século XV.
Porta situada no centro histórico da vila de Betanzos. Tamén coñecida como de "Porta da Ribeira" ou "Porta de Paio Fermoso", comunica a rúa da Ribeira coa rúa da Cerca. Foi construída no século XV. Nun tímpano postizo destaca un crucifixo e unha pintura cunha cidade, un sol e unha lúa.