Pasatempo e Museos

Ruta cultural polo Parque do Pasatempo de Betanzos e o seu museo, un espazo singular de patrimonio e memoria.

Parque do Pasatempo

Parque do Pasatempo

Xardín histórico creado por Juan García Naveira a finais do século XIX, famoso polas súas grutas, esculturas e simbolismo social e cultural.
Situado nos arrabaldes de Betanzos, a construción deste xardín iníciase entre 1893 e 1895, e foi deseñado e custeado por Juan García Naveira. Dos 90.000 m² con que contaba orixinalmente o xardín, só se conserva unha décima parte. A listaxe de todo o que podemos ver na sección coñecida como "As Covas" fala por si mesma da súa miscelánea de reproducións en cemento, un material novo naqueles momentos. Ademais das grutas e pasadizos subterráneos, chama a atención o estanque da Xubilación, os murais policromados que reproducen medios de transporte como o aeroplano, o funicular, mapas da canle de Panamá, a pirámide de Keops no testemuño dunha xira por Exipto, o mural da España monárquica e as súas 18 fillas republicanas, a homenaxe a Arxentina, os reloxos dos fusos horarios mundiais, a mesquita de Mohamed Alí, elementos da mitoloxía, animais exóticos etc.